― Habilitaranse servizos cada hora, na xornada de mañá, e varias expedicións no resto do día, tanto para a ida como para a volta
― O día 7 de setembro haberá un servizo especial con saída dende Ourense ás 21:30 horas que facilitará a chegada ao Rosario das Antorchas, con regreso ao remate
― A Xunta está a facilitar alternativas de viaxe en transporte público co propósito de reducir os riscos da condución e minorar o impacto medioambiental e sobre o tráfico
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2023.- A Xunta activa un servizo especial de autobús durante as festas da Romaría dos Milagres, en Baños de Molgas, do 30 de agosto ao 8 de setembro.
Habilitaranse servizos diarios dende a estación intermodal de Ourense ata a Romaría dos Milagres (Baños de Molgas) cada hora, dende as 07:30 ata as 11:30 horas na franxa horaria da mañá, e ás 13:00, 16:00, 17:30 e 19:15 horas na xornada da tarde.
Para a volta, tamén durante a celebración da romaría, haberá expedicións diarias dende o Santuario dos Milagres ata Ourense cada hora, dende as 07:30 ata as 11:30 horas e ás 13:00, 14:00, 18:30, 19:30 e 21:30 horas.
Ademais, o día 7 de setembro, haberá un servizo especial con saída dende Ourense ás 21:30 horas que facilitará a chegada ao Rosario das Antorchas. Unha vez remate a celebración, disporase dunha expedición de volta, ata Ourense, na madrugada do 8 de setembro, ás 00:15 horas.
A viaxe, cunha duración estimada de 54 minutos, contará cun itinerario composto pola seguinte relación de paradas: intermodal de Ourense, Parque de San Lázaro, As Lagoas, Ceboliño, Castadón, A Merteira, Cachamuiña, Bar A Derrasa, O Roupeiro, Casanova, Santabaia, Porta do Sol, As Vendas, O Pinto, Tarreirigo (cruce), Esgos, Alto do Couso, Bustavalle, Zorelle, Calvelo, Maceda cruce OU-103, Vixueses, Foncuberta, Os Milagres.
A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, está a facilitar alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución en vehículos particulares e diminúa o tráfico, reducindo así o impacto no medio ambiente e no tráfico.
Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta.
Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.
A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.