Programa Fomento Deportivo en Maceda

Xoves 4 de xullo as 12:00

O Club de salvamento e socorrismo de Ourense SALVOUR en colaboración coa deputación de Ourense están a desenvolver o progama Fomento do deporte polos distintos concellos da provincia de forma totalmente gratuíta co fin de promocionar o deporte entre os máis cativos/as con actividades lúdico formativas.
Os obxectivos que pretenden son:
1. Promover a seguridade na auga e a prevención de accidentes acuáticos.
2. Fomentar a responsabilidade e ou respecto polas normas de seguridade na piscina.
3. Iniciar aos participantes en técnicas de salvamento e socorrismo.
A actividade vai dirixida a nenos/as de 6 a 16 años que saiban nadar.
Duración aproximada: 90 minutos.
Contido formativo: distintas técnicas de rescate e socorrismo impartidas dunha forma divertida e amena.

Salir de la versión móvil