Recortes no servizo de pediatría do centro de saude de Maceda

A alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo De Dios, afirma que o municipio “está sendo vítima dos recortes da Xunta de Galicia en materia sanitaria” e critica a redución de horas de atención pediátrica, afirmando que “é un sistema totalmente inoperativo e que está provocando que as familias non teñan un servizo pediátrico de calidade”. Unha situación que en palabras da rexedora “está creando desigualdades entre as familias que teñen un bo poder adquisitivo para poder pagar un pediatra de pago e as que non o teñen e deben pasar longas horas de agarda nas urxencias de Ourense”.

“Preguntámonos se os rapaces só se poñen enfermos tres días a semana en horario de 8:30 a 10:30”, sinala Uxía Oviedo. A alcaldesa afirma que a Xunta de Galicia “ten que tomar unha decisión inminente porque está xogando coa sanidade e a saúde dos galegos e as galegas, pero especialmente dos máis cativos e cativas”.

Salir de la versión móvil