“O meu pobo no Nadal”, un concurso que decora Maceda

O Concello de Maceda presentou o seu Concurso de Decoración de Nadal, chamado “O meu pobo no Nadal”. Nesta actividade poderán participar os comercios, asociacións, colectivos ou grupos de veciños, empresas privadas e particulares de Maceda e os seus pobos, que realicen a súa montaxe dentro do propio término municipal.

Segundo as bases, a decoración de Nadal poderá facerse en espazos abertos ó público, e terán que ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os participantes plena liberdade en relación coa técnica e o estilo. Poderán empregarse todo tipo de materiais que os participantes consideren oportunos, así como aqueles que proveñan da natureza ou outro medio natural, e materiais reciclados. Tamén se poderán empregar elementos de decoración con iluminación.

A votación será popular a través do formulario correspondente que se habilitará para poder exercer o voto e que dará a coñecer o Concello de Maceda. Os premios repartiranse en tres bonos de 150 euros cada un, compostos por tres vales de 50. Os tres vales poderan gastarse en calquera negocio de Maceda, no prazo dos 30 días seguintes a data de outorgamento do premio. O día 9 de xaneiro farase pública a votación e daranse a coñecer os gañadores.

https://www.laregion.es/articulo/allariz/meu-pobo-nadal-concurso-que-decora-maceda/202312300700001263302.html

Salir de la versión móvil