O Concello de Maceda, ABANCA e Afundación presentan a mostra «Castelao grafista (facsímile)»

DO 3 DE ABRIL Ó 7 DE MAIO, no Centro Social de Maceda en horario de 9:00 a 20:00 de luns a venres e de 14:00 a 20:00 h os Sábados e Domingos

A inauguración terá lugar mañá, 5 de abril, no Centro Sociocomunitario de Maceda
e está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de
actividades culturais máis alá das sedes de Afundación
No marco de «Cultura por alimentos», Afundación anima a todas as persoas
asistentes a esta exposición a doaren alimentos non perecedoiros para os bancos de
alimentos locais
Afundación, o Concello de Maceda e ABANCA inaugurarán mañá, 5 de
abril ás 12.00 h no Centro Sociocomunitario de Maceda, a mostra «Castelao grafista
(facsímile)». No acto estarán Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta de
Galicia en Ourense; Rubén Quintas Rodríguez, alcalde de Maceda; Mateo Alonso San
Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e a coordinadora
institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Esta
mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de
actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.
«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta ata o 5 de maio no Salón de Actos
do Concello de Maceda e poderase visitar de luns a venres en horario 09.00 a 15.00 h.
A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas
da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de
revistas.
Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a
cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que
pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A
entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de
alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

Asistentes

Gabriel Alén Castro, delegado territorial de la Xunta de Galicia en Ourense
Rubén Quintas Rodríguez, alcalde de Maceda
Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense
Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en
Ourense e Lugo

Salir de la versión móvil