Maceda abriu o prazo para o concurso de mecos de Entroido

A Asociación de comerciantes e empresarios de Maceda convocou un concurso de elaboración de mecos, dentro da programación do Entroido.

A este concurso poderán presentarse tódolos veciños do concello que o desexen, tanto a nivel particular como colectivo (Asociacións Culturais e Veciñais), e tamén calquera tipo de negocio empresarial de Maceda, sexa ou non socio desta asociación.

O prazo de inscrición no concurso será dende o día 30 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2024, ambos incluídos. O meco ou mecos deberán estar expostos en espazos abertos ó público (fachadas, balcóns, rúas) ou en escaparates no caso dos negocios que así o desexen.

Nesta edición quedan estipuladas dúas categorías: “Meco máis Enxebre” e “Meco máis Trouleiro ou Festeiro”.

O prazo de votación dos veciños irá dende o día 9 ó 13 de febreiro.

O meco menos votado proporase para ser queimado no acto do “Enterro dos mecos” do sábado 17 de febreiro na Praza das Toldas de Maceda.

https://www.laregion.es/articulo/entroido/maceda-abriu-prazo-concurso-mecos-entroido/202401310930001269170.html

Salir de la versión móvil