“Mercar no teu comercio ten premio” en MACEDA que terá lugar o
MARTES 17 de OUTUBRO, ás 20.00 horas, na Praza das Toldas da localidade.
O evento final da campaña empezará ás 18.00 hs na mesma ubicación. Neste
lugar, entre as 18.00 e as 20.00h., poderán canxearse os tickets das compras
realizadas durante as datas de duración da campaña (do 11 ao 17 de outubro) por
boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en 2 tarxetas
prepago de 300 e 4 de 100 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos
gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.
“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do
comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de
Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e
Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa
colaboración neste caso do Concello de Maceda.
O sorteo contará coa presencia de representantes das entidades organizadoras,
entre elas Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense, e
representantes do Concello de Maceda.