Acometerase a reconstrución do apoio dispoñendo un recheo de pedra nos primeiros metros e co ancho axeitado nos muros de sillería para garantir a súa resistencia, aproveitando os sillares da propia ponte
A causa de que cedese o estribo é unha deficiente execución no momento da súa construción, no século XIX, ao non dispoñer da suficiente anchura na parte inferior para incrementar a capacidade de resistencia e contar cun recheo de mala calidade
A caída dos muros laterais do estribo na parte máis alta non afectou ao arco contiguo da ponte, situado a 4 metros de distancia
Neste intre estanse a acometer tarefas de retirada do firme e do recheo
O obxectivo é reconstruír nun prazo de 3 meses a parte danada e asegurar definitivamente a estabilidade da ponte
Para facilitar a mobilidade dos usuarios desta estrada mantense o desvío polas vías OU-0106 e OU-0153, que supón arredor de 5 minutos de traxecto