Pablo Blanco, recoñecido coma o piloto máis rápido no tramo urbano do 56 Rallye de Ourense
Ourense, 29 de xuño de 2023.-
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no salón de plenos do Concello a Pablo Blanco Alonso, o piloto que marcou o mellor tempo no tramo urbano do 56 Rallye de Ourense, de 1,82 km.
O piloto, da Escudería Ourense, conducía un Peugeot 208 Rally acompañado do copiloto Ian Bautista Quintana Fernández.