Nota de prensa literal enviada pola Xunta
Curiosamente fan esta referencia «A Xunta foi solucionando todos os problemas que xurdiron durante a execución dos traballos previstos na OU-104» na que non indican a CHAPUZA nos calculos feitos polos tecnicos da Xunta polo que houbo que quitar as tubaxes por poñelas demasiado pequenas, o que obrigou a voltar a abrir, e por suposto derramar toda esa tubaxe nova pero con pouca seccion instalada, o que encareceu a obra.
«A Xunta inicia os traballos de mellora dos pavimentos na travesía de Maceda
A Xunta comezou hoxe os traballos de mellora dos pavimentos na travesía de Maceda, tal e como estaba previsto, unha vez que en días pasados se rematou a renovación integral das conducións de abastecemento, saneamento e pluviais, de titularidade municipal.
Esta intervención supón un investimento da Xunta de 1,4 M€.
Inicialmente estaba deseñada como de acondicionamento do firme, pero ampliouse para substituír e renovar todos os servizos urbanos no ámbito de actuación.
Desde xeito, o desenvolvemento das obras de acondicionamento da travesía de Maceda, na estrada OU-104, viuse condicionado polas deficiencias nas conducións municipais situadas baixo o pavimento, que fixeron necesario renovar esas tubaxes, asumindo a Xunta o aumento do orzamento, a pesar de ser competencia municipal.
A Xunta foi solucionando todos os problemas que xurdiron durante a execución dos traballos previstos na OU-104, dispoñendo tanto os recursos técnicos como financeiros necesarios, ante a falta de capacidade do Concello de asumilos.
Unha vez finalizada a intervención na travesía de Maceda, a nivel global, non só se acadará unha mellora de pavimentos e da accesibilidade na estrada OU-104 ao seu paso polo municipio, senón que se terán renovado todos os servizos urbanos neste treito.»