O Goberno Local quere comunicar a toda a veciñanza que o vindeiro luns 22 de xaneiro darán comezo as obras na rúa Aureliano Ferreiro.
Como se comunicou na reunión cos veciños e veciñas sobre estas, atopámonos nun punto no que hai que cambiar o colector central debido a que nen a súa sección nen a profundidade á que se atopa son as adecuadas para solucionar os problemas de auga que temos na rúa principal da vila.
Comezarase pola zona do estanco da Praza das Toldas, avanzando cara a Cafetería Castillo nas próximas semanas.
O luns pola mañá cortarase ao tráfico dende a Avd dos Milagres ata a Praza das Toldas, deixando paso a residentes.
Seguiremos comunicando as novedades que vaia habendo respecto as obras de Aureliano Ferreiro.