SIMULACRO ENVÍO DE ALERTAS

Xoves 27 de outubro

Protección Civil e Emerxencias realizarán o día 27 DE OUTUBRO as «probas» correspondentes para verificar o funcionamento do envío de alertas á poboación que se atope en zonas afectadas por emerxencias ou catástrofes inminentes.
As probas consistirán nun pitido que soará nalgúns teléfonos móbiles, anunciando que se trata dunha mensaxe simulada do sistema de alertas de Protección Civil, tal e como sinala este organismo nun comunicado, no que incidirá que se trata dun ensaio para asegurar o seu correcto funcionamento.
O noso Concello foi elixido para realizar esta proba, polo tanto o día 27 de outubro, sobre as 14:00 horas, algúns teléfonos móbiles recibirán esta alerta pero trátase dun simulacro, así que quen o reciba non ten nada mais que facer.
Grazas pola súa colaboración.

Salir de la versión móvil