• INICIO
  • Política de cookies
martes, enero 31, 2023
Advertisement
  • Login
  • INICIO
  • Novas
  • Programas
No Result
View All Result
RADIO MACEDA Emisora Municipal del Concello de Maceda
No Result
View All Result

Reunión da Xunta Local de Seguridade de Maceda

O índice de criminalidade do municipio é un dos máis baixos da provincia de Ourense.

by ecofm
julio 7, 2021
in Novas
Reading Time: 3min read
Reunión da Xunta Local de Seguridade de Maceda

Maceda, 7 de xullo de 2021.- O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio
González, e a alcalde de Maceda, Rubén Quintas, asistiron esta mañá á
constitución da Xunta Local de Seguridade do municipio e á posterior reunión da
mesma. Con esta primeira convocatoria quedou establecido este órgano colexiado
coa finalidade de facilitar a coordinación e cooperación eficaz entre as distintas
administracións públicas en materia de seguridade no ámbito territorial do concello
de Maceda.
Entre as funcións da Xunta Local de Seguridade figuran as de analizar e valorar a
situación de seguridade cidadá, así como elaborar o Plan Local de Seguridade e
acordar os plan específicos de colaboración e coordinación a desenvolver no
municipio con motivo da celebración de eventos ou situacións que aconsellen a
adopción de dispositivos especiais.
Para o subdelegado do Goberno a constitución desta Xunta Local de Seguridade
pon de manifesto “que se están sumando esforzos para contribuír na seguridade
cidadá” e agradeceu ao alcalde, Rubén Quintas, “a súa disposición para constituír
este órgano en Maceda”.
Emilio González sinalou que os datos relativos á seguridade cidadá indican que o
índice de criminalidade do Concello de Maceda é un dos máis baixos da provincia
de Ourense. O subdelegado do Goberno destacou que no primeiro semestre de
2021 se observou un descenso do número de infraccións con respecto ao mesmo
período do ano anterior.
Así mesmo, o subdelegado do Goberno salientou o traballo da Garda Civil e da
Policía Local, aos que agradeceu os seus esforzos para asegurar o cumprimento
das medidas sanitarias, ademais de garantir a seguridade cidadá.
INCORPORACIÓN AO SISTEMA VIOGÉN
Durante esta primeira reunión, o Concello de Maceda e a Subdelegación do
Goberno en Ourense ratificaron a incorporación da Policía Local ao Sistema de
Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén).
A Xunta Local de Seguridade aprobou a adhesión ao Protocolo FEMP para a
protección de vítimas de violencia doméstica e de xénero e a adhesión ao Protocolo
de Coordinación e Colaboración que posteriormente será asinado polo Concello co
Ministerio do Interior para regular a presenza da Policía Local no sistema VioGén,
facendo efectiva desta maneira a participación de Maceda neste operativo.
Emilio González destacou “a lealdade institucional, receptividade e colaboración do
Concello e do seu alcalde nesta loita, o que permite incrementar tanto a
coordinación como a propia loita contra a violencia machista a nivel local”.
Con esta nova adhesión a provincia de Ourense contará con oito concellos
incorporados ao sistema VioGén: Barbadás, Celanova, Maceda, Ourense, O Barco
de Valdeorras, O Carballiño, Verín e Xinzo de Limia. Este sistema permite que a
Policía Local dispoña de maior información sobre todos os casos activos de
violencia machista existentes no municipio, asumindo o seguimento e control
dalgúns destes casos.
No tocante ao concello de Maceda, a Policía Local asumirá o control e seguimento
dos casos considerados de nivel de risco baixo ou de risco non apreciado, mentres
que a Garda Civil se encarga do seguimento do resto de casos. O número de casos
activos asignados á Policía Local será, como máximo, de dous.
En canto aos datos aportados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da
Subdelegación do Goberno en Ourense, indican que na actualidade neste concello
hai activos no sistema VioGén cinco casos, dos cales un presenta risco baixo e
catro presentan risco non apreciado. Un dos casos conta con medidas xudiciais de
prohibición de aproximación e dous con medidas de prohibición de aproximación e
comunicación
PLAN DIRECTOR
Acerca do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros
Educativos e nas súas contornas destacouse a boa acollida que presenta este
programa entre os centros escolares de Maceda.
Durante o curso 2021-2022 reforzaranse os mecanismos de comunicación e
colaboración coa comunidade educativa por parte das Forzas e Corpos de
Seguridade do Estado co fin de ofrecer diferentes conferencias e actividades sobre
o uso das novas tecnoloxías; acoso escolar; consumo de drogas e alcol; condutas
incívicas, violentas e vandálicas; racismo, xenofobia e intolerancia; e violencia de
xénero, entre outras temáticas.
Así mesmo, continuarase cos dispositivos de vixilancia nas inmediacións dos
centros educativos para previr o tráfico, consumo e tenencia de drogas, así como
todo tipo de condutas violentas.

ShareTweetPin
Previous Post

Los London Honey Awards le dan un ORO a la marca de mel Conde Santo (Maceda, Ourense)

Next Post

O Macedán Jorge De Dios a fronte da UD Ourense

Related Posts

Novas

Un trabajo sobre la Medicina Rural, premio PSN a la Humanidad y Ejercicio Profesional

by ecofm
enero 31, 2023
0

a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia ha fallado el premio Previsión Sanitaria Nacional 'Humanidad y Ejercicio Profesional'...

Read more
Homenaje en Maceda al karateka Marcos Movilla

Homenaje en Maceda al karateka Marcos Movilla

enero 31, 2023
El Estado llevará el programa de conexión de banda ancha a 601 zonas de la comarca de Allariz-Maceda

El Estado llevará el programa de conexión de banda ancha a 601 zonas de la comarca de Allariz-Maceda

enero 31, 2023
Entroido 2023: Los felos llevan su ley y la diversión al rural de Maceda

Entroido 2023: Los felos llevan su ley y la diversión al rural de Maceda

enero 29, 2023
O Entroido de Maceda comezará o 4 de febreiro cos Compadres

O Entroido de Maceda comezará o 4 de febreiro cos Compadres

enero 27, 2023
Antela Loreto Costa Muñoz: «O Felo é un pillabán divertido, e a Marela un espectáculo máxico»

Antela Loreto Costa Muñoz: «O Felo é un pillabán divertido, e a Marela un espectáculo máxico»

enero 25, 2023
Maceda dará 40 euros a cada niño de infantil

Profesores del CEIP Plurilingüe de Maceda aprenden en el exterior

enero 11, 2023
Maceda suma otros dos títulos autonómicos a su sobresaliente palmarés

Maceda suma otros dos títulos autonómicos a su sobresaliente palmarés

enero 10, 2023
Convocatoria: Agente de Empleo y Desarrollo Local – Ayuntamiento de Maceda (Ourense)

Convocatoria: Agente de Empleo y Desarrollo Local – Ayuntamiento de Maceda (Ourense)

enero 10, 2023
Load More
Next Post
O Macedán Jorge De Dios a fronte da UD Ourense

O Macedán Jorge De Dios a fronte da UD Ourense

Una de Arte
Programas

Una de Arte

marzo 25, 2021
Romanos
Programas

Romanos

marzo 25, 2021
Queda na Casa con Chus
Programas

Queda na Casa con Chus

abril 1, 2021
Micro espazos
Programas

Micro espazos

abril 1, 2021
Música y Cine
Programas

Música y Cine

abril 1, 2021

ESTAMOS EN FACEBOOK

Escucha Radio Maceda en directo

  • INICIO
  • Novas
  • Programas

© 2021 RADIO MACEDA - EMISORA MUNICIPAL

No Result
View All Result
  • INICIO
  • Novas
  • Programas

© 2021 RADIO MACEDA - EMISORA MUNICIPAL

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms below to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Add New Playlist

libero. ut venenatis nec commodo ipsum libero et, Aliquam leo. libero consectetur
Ir a la versión móvil