Os máis de cen actores que protagonizan O Pobo Fantasma de Chaioso volverán estar este ano na Noite do Medo de Ourense

O alcalde Pérez Jácome reuniuse co equipo organizador da celebración macedá, para avanzar nos preparativos dunha Noite do Medo “de ensoño” na cidade

Os máis de cen actores que protagonizan desde hai anos O Pobo Fantasma de
Chaioso volverán estar por segundo ano consecutivo en Halloween na Noite de
Medio de Ourense, o 31 do vindeiro mes de outubro.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta semana no
Concello ao equipo que organiza a tradicional festa de Chaioso, para avanzar
nos preparativos da súa participación na Noite do Medo de Ourense.
O goberno municipal aposta por consolidar o 31 de outubro nunha espectacular
cita festiva na cidade, e asegura que “seguimos traballando nunha Noite do
Medo de ensoño”.

Salir de la versión móvil