Esta foto é o resumo do dia, eles son a nosa memoria, a razón de que sigamos a percorrer a serra de San Mamede. Mentres neses pobos case desaparecidos haxa un veciño, alí estaremos no tempo de Entroido».
Os felos percorreron este sábado as aldeas da Serra de San Mamede, en Maceda –Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Tioira…–, dando inicio ao Entroido.
Dúas asociacións levaron a máscara tradicional aos pobos, onde a festa une os veciños na benvida ó son das chocas.
Con precaución, aproveitando o aire libre, a xente agasallou con bica e licores, como é costume.
https://www.farodevigo.es/ourense/2022/02/06/felos-inauguran-o-entroido-das-62353238.html