O CEIP Plurilingüe de Maceda POLO CREATIVO para o vinceiro curso

Ourense, 22 de xullo de 2022.- A Xunta de Galicia aprobou a implantación de 10 polos
creativos que estrearán o vindeiro curso escolar
colexios e institutos repartidos por toda a provincia de Ourense.

O obxectivo principal é consolidar a Galicia como referente a
nivel estatal na incorporación de tecnoloxías STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e
Matemáticas) ao proceso de ensino-aprendizaxe no sistema educativo público. A primeira
fase de implantación chegará este setembro a un total de 138 centros educativos galegos
cun investimento que supera os 4M€.

Os polos creativos son lugares de innovación educativa nos que se traballan as
competencias STEM, a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de
deseño e habilidades. Terán un deseño modular e innovador acorde co Plan de Nova
Arquitectura Pedagóxica, dotados de equipamento especializado e organizados
didacticamente para o fomento da creatividade, a aprendizaxe por competencias e o
traballo manipulativo. Isto é, centros de actividades nos que se abordarán aspectos como
a intelixencia artificial, as tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a
realidade virtual ou a robótica, entre outros.

No que atinxe á provincia de Ourense, promoveranse en 10 colexios e institutos de 8
concellos: 2 en Verín-O CEIP Plurilingüe Amaro Refojo e o IES Xesús Taboada Chivite-; 2
no Carballiño – O CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo e o IES Manuel Chamoso Lamas-; e
tamén no CEIP Augusto Assía na Mezquita; no IES Cosme López Rodríguez na Rúa; no
CEIP Plurilingüe de Maceda
; no CEIP Ramón Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras; no
CPI Plurilingüe José García García de Ourense e no CEIP Plurilingüe Ribadavia.

Salir de la versión móvil