Maceda na mellora da promoción das mulleres de etnia xitana

Servizos Sociais

Na mellora da promoción das mulleres de etnia xitana

O concello de Maceda colabora coa Fundación do Secretariado Xitano no Programa Sara Romaní coa participación de 15 mulleres no curso

Maceda, 22,07,2922. – Este Programa ten como obxectivo a mellora da calidade de vida e a incorporación da actividade sociolaboral das mulleres de etnia xitana. Deste xeito, promóvese o empoderamento persoal e a súa autonomía económica. Para isto, realízanse durante o proceso de intervención asesoramento permanente a través de itinerarios persoais e profesionais que desenvolven as súas capacidades.

«Consideramos este curso realizado aquí, na vila onde viven, unha oportunidade de empoderamento, polo que valoramos de xeito positivo, a participación neste curso da Fundación do Secretariado Xitano» – manifesta a concelleira de Servizos Sociais Ana María Rodríguez Blanco

Salir de la versión móvil