La «miopía» de un técnico de la Xunta nos cuesta 2.4 millones de euros

Posiblemente el mismo que hizo los cálculos de las tuberias de Maceda

O Consello da Xunta autorizou a tramitación de emerxencia das obras de reconstrución do estribo da ponte da estrada OU-536, á altura do punto quilométrico 22+928, en Xunqueira de Espadanedo, que suporán un investimento autonómico de 2,38 M€.
O Goberno galego deu conta da tramitación de emerxencia para a reparación dos danos desta ponte do século XIX que cruza o río Maceda. Os traballos están xa en execución e o obxectivo é telos rematados este vindeiro mes de xullo. O pasado 23 de febreiro, a Xunta procedeu ao peche ao tráfico da ponte na OU-536 ao detectarse danos nun dos estribos, o que provocou unha posterior derruba dos muros de acompañamento do mesmo. Os técnicos viñan realizando un control e seguimento exhaustivo do estribo que permitiu adoptar esta medida de anticipación, restrinxindo o paso do tráfico e evitando así riscos para os usuarios da estrada. OS VECIÑOS VIRAN ESE RISCO 8 MESES ANTES, SIN SER ENXEÑEIROS.

As avaliacións técnicas realizadas tras o derrubamento dos muros de acompañamento da ponte, construída no século XIX e ampliada a principios dos anos 80 do pasado século, evidenciaron a inestabilidade dos paramentos laterais destes muros a ambos os dous
lados da zona derrubada, así como a deformación nos tramos de muro colindantes, que os invalida para aproveitalos. Como consecuencia do derrubamento tamén se viu afectada unha pequena instalación de depuración de augas residuais que estaba situada próxima a un dos muros. Unha vez avaliadas as patoloxías detectadas, e tendo en conta que a estabilidade e capacidade resistente dos arcos da ponte non se viron afectadas, os traballos de reconstrución da ponte céntranse na desmontaxe, consolidación e reconstrución in situ dos muros empregando a mesma tipoloxía de sillería.

Os labores que se están a levar a cabo seguindo o plan de traballo trazado, inclúen a preparación dun camiño de acceso a ambos os dous lados do viaduto, pasando polo arco esquerdo para acceder ao muro ao lado augas abaixo e a instalación de grúa torre nunha
zona rochosa no lado augas arriba. O obxectivo é poder efectuar a desmontaxe dos treitos dos muros en situación de inestabilidade afectados polo derrube, realizar a estabilización da fábrica do estribo esquerdo cunha pantalla de formigón proxectado armado e proceder á disposición dun atirantado de suxeición, retirando todos os materiais do derrubo. Todas estas operacións realizaranse por fases descendentes e de maneira coordinada. Descuberto o terreo rochoso de cimentación, os traballos continuarán coa reconstrución dos muros con fábrica de pedra e formigón en masa. O paramento visto será de sillería coa mesma forma e disposición que o caído, de modo que esteticamente os muros serán idénticos aos existentes antes do derrubamento, dado que esta infraestrutura está catalogada no inventario de pontes históricas da Xunta.

Na reconstrución do paramento exterior reutilizaranse os sillares recuperados que se atopen en boas condicións, así como pezas labradas de achega. Para procurarlle estabilidade trabarase ao trasdosado do muro. Tamén se executará un sistema de drenaxe para as posibles augas infiltradas no recheo executado con cachotería en seco. Na parte superior disporase unha capa de formigón en masa cun árido alixeirado. Os traballos completaranse coa reposición do firme da calzada, beirarrúas, varanda e barreiras de seguridade. Tamén se procederá á reposición da unidade de depuración afectada polo derrubo e á restauración dos terreos ao seu estado orixinal.

O Goberno galego mantén o seu compromiso de traballar coa maior dilixencia na reconstrución do estribo da ponte de Xunqueira de Espadanedo para garantir, dunha banda, a seguridade das persoas e, doutra, para restituír a circulación no menor prazo
posible. Cómpre lembrar que a ponte sobre o río Maceda na estrada OU-536 estaba sendo monitorizada nos últimos meses, desde que se detectaron problemas, para avaliar o seu comportamento e garantir a seguridade viaria.
Ese control de monitorización que estaban a realizar os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas implicou o control en 3D da ponte, con puntos “diana” para detectar movementos de modo inmediato, que foi o que permitiu actuar con anticipación e restrinxir totalmente o tráfico coa previsión suficiente e sen risco para a circulación.

Salir de la versión móvil