jueves, julio 10, 2025
Advertisement
  • Login
  • Novas
  • Programas
No Result
View All Result
RADIO MACEDA Emisora Municipal del Concello de Maceda
No Result
View All Result

Homenaxe a Francisco Carballo en Maceda, no Cesareo

Maceda acolle hoxe un acto cultural da Asociación Amigos de Francisco Carballo

by e_Co-
diciembre 29, 2023
in Novas
Reading Time: 2min read
Homenaxe a Francisco Carballo en Maceda, no Cesareo

Carballo foi un clérigo, historiador e mestre que naceu na pequena aldea de Celeirón, en 1925, e morreu en Salamanca, en 2014. A súa historia comeza cando en 1941 trasládase a Madrid, onde ingresou como novicio nos Padres Paúles. Na capital de España estudou Teoloxía e Historia, licenciándose en 1954. Foi director de colexios da Orde en Madrid e Baracaldo, así como profesor de Igrexa no teologado San Vicente de Paúl en Salamanca, do que foi reitor entre 1965 e 1973.

En 1973 trasladouse a Vigo, como mestre da Escola Universitaria de Maxisterio, iniciando un amplo labor como escritor e historiador. Foi un dos fundadores do semanario nacionalista “A Nosa Terra”, autor de diversas obras de ensaio e participou en numerosos traballos colectivos.

O acto cultural de Maceda será hoxe ás 11,45 horas na Cafetería Castillo, cunha concentración na cafetería do “Cesáreo”, histórico lugar de encontro de Francisco Carballo cos seus amigos de Maceda.

A continuación, ás 12,00 horas, na Praza Francisco Carballo, haberá unha vindicación do seu legado coa lectura dun singular texto da súa autoría. Intervirá na vindicación o investigador Santiago Prol.

Ás 12,30 horas, na Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda, haberá unha colocación de cartaces no espazo dedicado á súa memoria. Contará coa intervención do ex alcalde de Maceda, Bieito Seara.

Na mesa redonda da Biblioteca Pública, intervirán o médico Luís Alfonso Vázquez, o teólogo Antón Gómez e o docente Xulio Gómez Rodríguez, baixo o título de “Compromiso e inculturación arredor de Francisco Carballo, aos nove anos do seu pasamento”.

Na presentación estará Celso Sánchez, tenente alcalde de Maceda, e o concelleiro de Cultura, Román Rodríguez González. O acto cultural terminará ás 14,00 cunha comida de confraternidade dos participantes.

https://www.laregion.es/articulo/allariz/francisco-carballo-tera-homenaxe-nun-acto-cultural-maceda/202312290034191263151.html

ShareTweetPin
Previous Post

La San Silvestre repite en el Concello de Maceda

Next Post

“O meu pobo no Nadal”, un concurso que decora Maceda

Related Posts

XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA
Novas

FESTAS DAS NEVES 2024 EN MACEDA

by e_Co-
julio 30, 2024
0

Read more
XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA

XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA

julio 30, 2024
Maceda alcanza la cota de las veintitrés medallas nacionales

Maceda alcanza la cota de las veintitrés medallas nacionales

julio 22, 2024
El espectacular castillo de Ourense donde viajarás al Medievo y dormirás como un rey

El espectacular castillo de Ourense donde viajarás al Medievo y dormirás como un rey

julio 19, 2024
O Dia das Letras Galegas, ¿adicado a un macedán?

O Dia das Letras Galegas, ¿adicado a un macedán?

julio 15, 2024
Foncuberta en Festas

Foncuberta en Festas

julio 15, 2024
La Xunta entrega equipamiento de emergencias a la agrupación de voluntarios de Protección Civil de Maceda

La Xunta entrega equipamiento de emergencias a la agrupación de voluntarios de Protección Civil de Maceda

julio 9, 2024
Desenterrado un antiguo nevero de nueve metros en Xunqueira de Espadanedo

Desenterrado un antiguo nevero de nueve metros en Xunqueira de Espadanedo

julio 5, 2024
Programa Fomento Deportivo en Maceda

Programa Fomento Deportivo en Maceda

julio 3, 2024
Load More
Next Post
“O meu pobo no Nadal”, un concurso que decora Maceda

“O meu pobo no Nadal”, un concurso que decora Maceda

Una de Arte
Programas

Una de Arte

marzo 25, 2021
Romanos
Programas

Romanos

marzo 25, 2021
Queda na Casa con Chus
Programas

Queda na Casa con Chus

marzo 25, 2021
Micro espazos
Programas

Micro espazos

marzo 25, 2021
Música y Cine
Programas

Música y Cine

marzo 25, 2021

ESTAMOS EN FACEBOOK

Escucha Radio Maceda en directo

  • Novas
  • Programas

© 2021 RADIO MACEDA - EMISORA MUNICIPAL

No Result
View All Result
  • Novas
  • Programas

© 2021 RADIO MACEDA - EMISORA MUNICIPAL

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms below to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir a la versión móvil