jueves, julio 10, 2025
Advertisement
  • Login
  • Novas
  • Programas
No Result
View All Result
RADIO MACEDA Emisora Municipal del Concello de Maceda
No Result
View All Result

¡¡¡COMUNICADO SOBRE AS OBRAS EN MACEDA!!!

by e_Co-
abril 12, 2024
in Novas
Reading Time: 2min read
¡¡¡COMUNICADO SOBRE AS OBRAS EN MACEDA!!!

Dende o equipo de Goberno quérese informar a todos os veciños e veciñas do progreso nas obras da rúa Aureleano Ferreiro.

O pasado venres 22 de marzo, produciuse unha reunión entre a Xunta de Galicia, a plataforma Maceda un ano de fochancas e persoal do Concello. Tras esta reunión, entre outros temas xa informados pola propia plataforma, chegouse ao acordo de buscar un acabado que non fose o formigón para a zona das Canteiras e para o tramo entre o cruce da Avenida dos Milagres e o Bar 2000, intentando así atopar unha solución que convencese a todas as partes.

O luns día 25 de marzo na zona das Canteiras comézase a colocar bordillo de formigón, o cal rompía completamente co pactado na reunión do venres anterior. Por esta razón, a alcaldía decide parar esta parte da obra ata poder sentarse de novo coa Axencia Galega de Infraestruturas e poder buscar a mellor solución para estes dous tramos.

O pasado mércores día 3 de abril, xuntámonos en Ourense coa Xefa Territorial, co Director de Obra, co Director da Axencia Galega de Infraestruturas e coa Secretaria Territorial da Xunta en Ourense. Nesta xuntanza chegouse ao acordo de rematar as beirarrúas con losetas hidráulicas e bordillo de pedra, co que conseguiremos ter unha rúa máis integrada na identidade da vila de Maceda que coa solución presentada anteriormente do formigón desactivado. Este acabado xa o podemos atopar noutras zonas como a Rúa Cardeal Quiroga, O Reconco ou a Avenida dos Milagres na zona do Eroski. Na zona dende o bar Castillo ata o Bar 2000 teremos acera de pedra do país. Así mesmo, manteranse o maior número de ocos posibles para o aparcamento ou carga e descarga de vehículos en todas as zonas nas que a medida de beirarrúas e zona de roda-dura o permita, segundo a normativa vixente da Axencia Galega de Infraestruturas. Non haberá aparcamento de longa estancia polo que se está a traballar en zonas alternativas con esta finalidade.

Facer fincapé en que para chegar a este acordo, que vemos como máis positivo que o presentado pola AXI anteriormente, tivemos que traballar para convencer a Xunta de Galicia e conseguir que cambiase o seu criterio e que aceptase facer un aumento do presuposto para levar a cabo esta opción.

Hordescón continúa traballando nas canalizacións de iluminación pública, telefonía e baixa tensión, coa idea de ir pechando as beirarrúas segundo vaia sendo posible. Lembramos tamén que a previsión da Axencia Galega de Infraestruturas é que a obra se remate no prazo de 6 meses.

ShareTweetPin
Previous Post

ITV de tractores en Maceda dias 8, 9 y 10 de mayo

Next Post

Cortes de tráfico en Maceda

Related Posts

XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA
Novas

FESTAS DAS NEVES 2024 EN MACEDA

by e_Co-
julio 30, 2024
0

Read more
XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA

XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA

julio 30, 2024
Maceda alcanza la cota de las veintitrés medallas nacionales

Maceda alcanza la cota de las veintitrés medallas nacionales

julio 22, 2024
El espectacular castillo de Ourense donde viajarás al Medievo y dormirás como un rey

El espectacular castillo de Ourense donde viajarás al Medievo y dormirás como un rey

julio 19, 2024
O Dia das Letras Galegas, ¿adicado a un macedán?

O Dia das Letras Galegas, ¿adicado a un macedán?

julio 15, 2024
Foncuberta en Festas

Foncuberta en Festas

julio 15, 2024
La Xunta entrega equipamiento de emergencias a la agrupación de voluntarios de Protección Civil de Maceda

La Xunta entrega equipamiento de emergencias a la agrupación de voluntarios de Protección Civil de Maceda

julio 9, 2024
Desenterrado un antiguo nevero de nueve metros en Xunqueira de Espadanedo

Desenterrado un antiguo nevero de nueve metros en Xunqueira de Espadanedo

julio 5, 2024
Programa Fomento Deportivo en Maceda

Programa Fomento Deportivo en Maceda

julio 3, 2024
Load More
Next Post
Cortes de tráfico en Maceda

Cortes de tráfico en Maceda

Una de Arte
Programas

Una de Arte

marzo 25, 2021
Romanos
Programas

Romanos

marzo 25, 2021
Queda na Casa con Chus
Programas

Queda na Casa con Chus

marzo 25, 2021
Micro espazos
Programas

Micro espazos

marzo 25, 2021
Música y Cine
Programas

Música y Cine

marzo 25, 2021

ESTAMOS EN FACEBOOK

Escucha Radio Maceda en directo

  • Novas
  • Programas

© 2021 RADIO MACEDA - EMISORA MUNICIPAL

No Result
View All Result
  • Novas
  • Programas

© 2021 RADIO MACEDA - EMISORA MUNICIPAL

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms below to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir a la versión móvil