jueves, julio 10, 2025
Advertisement
  • Login
  • Novas
  • Programas
No Result
View All Result
RADIO MACEDA Emisora Municipal del Concello de Maceda
No Result
View All Result

Apañadeiras e cacharreiros, o legado de Niñodaguia

by e_Co-
abril 2, 2023
in Novas
Reading Time: 3min read
Apañadeiras e cacharreiros, o legado de Niñodaguia
Tradición, historia e cultura popular, a fornada tradicional e o fiadeiro volveron a encender os antigos fornos de pedra para cocer as olas e as mulleres amosaron o seu equilibrio para levar as pezas

A primeira hora da mañá, os tres fornos de pedra de Niñodaguia, que chegaban ata os 1.000 graos de temperatura, botábanlle un pulso á humidade para a súa cita anual coa tradición: a fornada e o fiadeiro. A escasos metros, baixo unha carpa, os veciños entoaban “A Rumboia” mentres quitaban o papel de periódico ás cuncas e aos pratos de barro que se empregarían para a comida popular. O menú: callos, bica, viño, empanada e café para máis de 300 comensais. 

A de onte foi a cita máis especial do ano en Niñodaguia, unha xornada para poñer en valor a olería e a cultura popular que xiraba, como a roda alta na que se manipulaba o barro, en torno a ela. Tamén para enxalzar a figura do cacharreiro e a da apañadeira. E é que, antigamente, para que os artistas do barro puideran dar forma e cocer as súas olas, había mulleres detrás que se tiñan que encargar de duras tarefas como traballar no campo ou apañar, con moito coidado, ducias de pezas para gardalas en faiados unha vez que estaban feitas ou transportalas ata os fornos para cocelas. Esto era algo que, dende Niñodaguia, aseguran que non podía facer calquera. Era necesario ter moito equilibro xa que a louza antes de cocer era moi fráxil e calquera movemento coa cabeza podía fracturar as pezas, pois ían moi xuntas.  Elaborar a louza para encher unha fornada podía levarlle aos cacharreiros algo máis dun mes. Cando o facían, as apañadeiras realizaban o seu labor de apoio durante varios días.

A día de hoxe, e aos seus 89 anos, Estrella Vázquez continúa mantendo intacto ese equilibro coa rolla -un trapo enrolado- e o cesto na cabeza, como cando era unha nena. Así o amosou onte levando as olas que se coceron na Fornada tradicional durante algo máis de dúas horas. Filla e irmá de cacharreiros, dende moi noviña participou desta tradición e onte contribuiu a poñela en valor xunto a Josefa Blanco, Conchi Vázquez, Carmen Pequeño e Mónica Blanco. “Lémbrome de todo, porque o fixen”, conta Estrella. “Para que os homes quedaran na roda, aquí as mulleres tiñan tamén que traballar no campo o que noutros pobos facían os homes: en Niñodaguia as mulleres araban, rozaban… ”, apunta Conchi.

Precisamente, no museo de Niñodaguia, e tal e como lembra Agustín Vázquez, pódese ver un busto en homenaxe as mulleres que, como Estrella, axudaron aos centos de cacharreiros que traballaron na localidade. Tamén para eles foi o día de onte: “Esta festa é unha homenaxe aos alfareiros vellos, aos que ían ao fiadeiro”, conta Agustín, que aprendeu, aos once anos, o oficio con xente que hoxe en día rondaría os 100 anos. O seu fillo José decidiu, hai 18 anos, continuar co oficio do seu pai. Hoxe é o único que encarna o relevo xeneracional desta tradición en Niñodaguia e fai pezas para restaurantes, outras personalizadas ou pratos para festas.

Con Agustín, Enrique Cabana tamén mantén vivo o oficio. Dende os 15 anos dedicouse a el, e soamente deixou esta actividade cando tivo que facer o servizo militar: “Meu pai era un dos únicos homes de aquí que non era alfareiro, pero eu quixen aprender esta profesión porque me gustaba. Fíxeno co ‘Cachela’, co José María, que era tío de Agustín”, lembra Enrique. “A alfarería é difícil de aprender e tenche que gustar”, engade.

Ademais de para poñer en valor un dos oficios máis antigos do mundo, onte en Niñodaguia quixeron lanzar unha mensaxe: “Que se regale artesanía” e que as institucións “apoien máis a olería tradicional” para que non se perda.

 A vindeira cita coa olería en Niñodaguia será o encontro de cacharreiros, que terá lugar en agosto.

 

 

https://www.laregion.es/articulo/allariz/apanadeiras-cacharreiros-legado-ninodaguia/202304012022241209739.html

ShareTweetPin
Previous Post

Sevilla acoge la exposición ‘El Médico Rural. Homenaje a la sublime Humanidad de estos héroes comprometidos’

Next Post

El monfortino Saúl López, tercero en la Taça de Portugal de BTT

Related Posts

XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA
Novas

FESTAS DAS NEVES 2024 EN MACEDA

by e_Co-
julio 30, 2024
0

Read more
XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA

XVI CEA POPULAR AS NEVES 2024 en MACEDA

julio 30, 2024
Maceda alcanza la cota de las veintitrés medallas nacionales

Maceda alcanza la cota de las veintitrés medallas nacionales

julio 22, 2024
El espectacular castillo de Ourense donde viajarás al Medievo y dormirás como un rey

El espectacular castillo de Ourense donde viajarás al Medievo y dormirás como un rey

julio 19, 2024
O Dia das Letras Galegas, ¿adicado a un macedán?

O Dia das Letras Galegas, ¿adicado a un macedán?

julio 15, 2024
Foncuberta en Festas

Foncuberta en Festas

julio 15, 2024
La Xunta entrega equipamiento de emergencias a la agrupación de voluntarios de Protección Civil de Maceda

La Xunta entrega equipamiento de emergencias a la agrupación de voluntarios de Protección Civil de Maceda

julio 9, 2024
Desenterrado un antiguo nevero de nueve metros en Xunqueira de Espadanedo

Desenterrado un antiguo nevero de nueve metros en Xunqueira de Espadanedo

julio 5, 2024
Programa Fomento Deportivo en Maceda

Programa Fomento Deportivo en Maceda

julio 3, 2024
Load More
Next Post
El monfortino Saúl López, tercero en la Taça de Portugal de BTT

El monfortino Saúl López, tercero en la Taça de Portugal de BTT

Una de Arte
Programas

Una de Arte

marzo 25, 2021
Romanos
Programas

Romanos

marzo 25, 2021
Queda na Casa con Chus
Programas

Queda na Casa con Chus

marzo 25, 2021
Micro espazos
Programas

Micro espazos

marzo 25, 2021
Música y Cine
Programas

Música y Cine

marzo 25, 2021

ESTAMOS EN FACEBOOK

Escucha Radio Maceda en directo

  • Novas
  • Programas

© 2021 RADIO MACEDA - EMISORA MUNICIPAL

No Result
View All Result
  • Novas
  • Programas

© 2021 RADIO MACEDA - EMISORA MUNICIPAL

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms below to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir a la versión móvil